Partindo da constatación de que o xerundio está insuficientemente tratado nos estudos gramaticais do galego, no presente artigo abórdase o que pretende ser, desde unha perspectiva exclusivamente sincrónica, unha clasificación xeral e exhaustiva do xerundio, baseada no rol que este asume dentro do enunciado e/ ou na función sintáctica que desempeña. Postúlase que, desde un enfoque normativo, quizais non todos os xerundios de posterioridade se deberían considerar como incorrectos, particularmente o denominado neste traballo “xerundio vinculativo”.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados