Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Representación literaria da memoria e consecuencias da Transición na sociedade galega posfranquista: aproximación á novela "O tempo en ningunha parte", de Xosé Manuel Martínez Oca

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Romanica Olomucensia, ISSN 1803-4136, ISSN-e 2571-0966, Nº. 2, 2019, págs. 269-283
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Literary representation of memory and consequences of the transition to democracy in post-Franco Galician society: a study of the novel "O tempo en ningunha parte", by Xosé Manuel Martínez Oca
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O presente traballo sitúase nunha das interseccións entre o ámbito dos estudos literarios e os estudos da memoria cultural e toma como obxecto de estudo a novela galega O tempo en ningunha parte (2003), de Xosé Manuel Martínez Oca, publicada no contexto do boom memorialista que se desenvolve en España a partir do 2000. A través do estudo da representación literaria da memoria ou «mímese de memoria» na novela, pretendemos comprender os procesos e dinámicas culturais que o recordo da guerra civil e o franquismo provocou na sociedade de 1985, ben como o discurso que a novela emite no debate contemporáneo sobre o pasado que ten lugar na esfera pública. O tempo en ningunha parte reflicte as consecuencias das políticas de esquecemento da Transición a través do silencio sobre o pasado que envolve toda a trama de investigación. Ao tempo, a novela propón unha lectura crítica do proceso de democratización en Galiza e no conxunto do Estado español. Mediante a mímese de memoria, o autor adianta os conflitos pola memoria que se desenvolverán en España desde o 2000 e posiciónase de forma clara e crítica co discurso que proxecta no propio debate público sobre a interpretación e xestión do pasado traumático recente.

    • English

      The present work is situated at the intersection between literary studies and cultural memory studies. The object of the study is O tempo en ningunha parte (2003), a Galician novel written by Xosé Manuel Martínez Oca. It was published in the context of the memory boom in Spain since the year 2000. The literary representation of memory, or "mimesis of memory", will be studied in the novel in order to understand the processes and cultural dynamics of the memory of the Spanish Civil War and Francoism in the society of 1985. O tempo en ningunha parte reflects the consequences of the politics of forgetting in the Spanish transition to democracy in the silence about the past that involves a detective plot. In addition, the novel proposes a critical interpretation of the process of democratization in Galicia and in the whole of Spain. With the use of "mimesis of memory", the author advances the memory conflicts that will take place in Spain from 2000. The author takes sides in the public debate on the interpretation and management of the recent traumatic past.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno