Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Carreiras populares, aprendizaxe estatística e valores sociais

  • Autores: Xosé Enrique Pujales Martínez
  • Localización: XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións: Lugo, 22-23-24 de outubro de 2015. Actas / María José Ginzo Villamayor (ed. lit.), José María Alonso Meijide (ed. lit.), Luis Alberto Ramil Novo (ed. lit.), 2015, ISBN 978-84-8192-522-7, págs. 84-89
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O traballo que se presenta foi pensado para ser desenvolto co alumnado para o Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos de 2014, pero problemas administrativos impediron a súa realización con el. Partindo do auxe entre a cidadanía da actividade de correr e da súa participación en carreiras populares, proponse estudar: o incremento das carreiras de pago fronte as anteriormente predominantes carreiras de balde; a diferente proporción participante real / persoa inscrita en cada unha delas; as características que acompañan ás carreiras populares; a competitividade presente nesta actividade; o axuste a unha distribución normal dos tempos de chegada dos corredores e corredoras. O estudo destas cuestións serve para aprender contidos conceptuais estatísticos, empregar distintos gráficos e, especialmente, desenvolver competencias, adquirir capacidades e destrezas, e traballar valores e actitudes positivos para a sociedade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno