Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Educar para a paz e a non-violencia: Os nenos e a sociedade

  • Autores: Adolfo Pérez Esquivel
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 33 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Educación e dereitos humanos), págs. 27-30
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, analiza neste traballo a situación de inxustiza e violación dos dereitos humanos que se está a producir nos países do continente americano, especialmente no que atinxe a situación dos nenos e mozos. Para Pérez Esquivel os Dereitos Humanos e a non-violencia son da mesma raíz e dimensión no respecto da persoa e dos pobos. A resistencia e capacidade de transformación social, van dirixidos a esa busca da liberdade, de restablecer o estado de Dereito e igualdade para todos.

      Para Esquivel as loitas polos Dereitos Humanos, comprendidos nos seus valores integrais, o dereito á vida e dignidade da persoa humana, os dereitos sociais, políticos, económicos, o desenvolvemento social, os recursos do medio ambiente, son o camiño da non-violencia, que se expresa nas loitas campesiñas, nos m,ovementos populares. En moitos sectores a relixiosidade e o ecumenismo teñen a forza e o valor da resistencia na procura da verdade e na espiritualidade para acadar a resolución dos conflictos.

      Pero fundamentalmente é a aprendizaxe dunha maneira de ser e comprender a vida e a relación co outro.

      Remata o traballo de Esquivel propoñendo, xunto a outros Premios Nobel da Paz, que a primeira década do próximo milenio sexa declarada pola Asemblea das Nacións Unidas como "a década da cultura da non violencia", e que o ano 2000 sexa declarado como o "ano da educación na non violencia".


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno