Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cine e dereitos humanos

  • Autores: Miguel Vázquez Freire
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 33 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Educación e dereitos humanos), págs. 56-67
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Que unha película, coma calquera outra obra de arte, non deba ser considerada mellor nin peor porque defenda ou deixe de defender determinados valores morais, non obsta para que tamén poidamos aprecia-la forza ou eficacia con que determinadas películas proporcionan positivas ilustracións dos principios arredor dos cales a humanidade vai, lenta e dificilmente, construíndo as bases para a edificación dunha sociedade máis xusta.

      A lista que de seguido se propón prescinde, xa que logo, de situa-Ios criterios estéticos como fundamento para a selección das películas que nela se inclúen. Non obstante, procurouse que estas manteñan unha calidade artística suficiente. Por outra banda, deuse certa preferencia a títulos recentes, ou que son doadamente accesibles en videotecas, fronte a outros de máis difícil localización, agás en casos que pareceron de gran significación polo seu moi especial valor.

      Seguíuse o criterio de dividi-Ios artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en varios grupos temáticos, para logo ofrecer unha lista de películas que permiten debater eses temas na aula.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno