A actividade física adaptada non é un concepto novo. En todo caso as razóns de cómo, porqué e para quén debe adaptarse o exercicio físico foron cambiando ó longo do tempo.
Púidose comprobar como a énfase terapéutica da motricidade, tradicionalmente arraigada en diferentes culturas, se orientou actualmente cara ós novos modelos, pedagóxico e deportivo, ó tempo qUé'se pasou dun sistema institucional de segregación a un modelo de integración e normalización. Por outra parte, termos clásicos como deficiente, minusválido ou subnormal, deixan paso a outros en maior consonancia co recoñecemento do dereito á diversidade das persoas en tódalas manifestacións, educativas, recreativas ou competitivas. Referímonos ó termo "Necesidades Educativas Especiais" (NEE) que evita a discriminación apoiándose nas AURORA MARTÍNEZ VIDAL.
U. DE VIGO 1. Aproximación histórica. Antecedentes e modelos Otratamento dado ó exercicio físico en individuos con dificultades foi obxecto de distintos enfoques, encontrando antecedentes na utilización do movemento que responden a tres modelos diferentes: terapéutico, deportivo e, moito máis recente, o propiamente educativo. Estes dous últimos, educativo e deportivo, non tiveron o mesmo desenvolvemento.
Mentres o deporte cobra gran interese social e institu-· cional, expansionándose extraordinariamente, a EF do alumno con discapacidades presenta dificultades para a súa implantación a pesar de ser legalmente contemplada nas diferentes normativas.
capacidades, máis que nos déficit dos individuos.
Fronte á integración do discapacitado na práctica deportiva de competición e a súa repercusión social nas últimas décadas, a actividade física no contexto educativo reacciona lentamente; interesa máis pola súa trascendencia nas aprendizaxes escolares, que en si mesma, como medio de desenvolvemento persoal, social e ata cultural.
A pesar das diferentes normativas, aínda presenta dificultades para a súa implantación no terreo práctico, tanto pola formación de especialistas, como pola inclusión dos mesmos nos equipos interdisciplinares e, moi especialmente, pola falta de conexión entre o especialista de Educación Física e o de Educación Especial, sendo o primeiro quen pola súa formación pode prestar importante apoio na intervención educativa desde a área de Educación Física.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados