o interese por modificar situacións de aula, utilizar novas metodoloxías, experimentar con materiais distintos...., animounos a participar nun cursiño de formación que, baixo o título "O coñecemento lóxico-matemático na Educación Infantil" (organizado polo CEFOCOP de Santiago, febreiro-marzo 1997), nos fixo reflexionar sobre cómo abordamos a área da lóxica-matemática nas nosas escolas.
A nosa aportación neste artigo consistirá, nun primeiro momento, en facer un breve percorrido pola maneira de aborda-la lóxica-matemática no D.CB., para, nun segundo tempo, reflexionar sobre a práctica de aula aportando exemplificacións que, esperamos, orienten a outros colegas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados