Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Influencia das masculinidades na violencia de xénero

María Luz Losada Somoza

  • Este artigo está dividido en dúas partes, na primeira parte faise unha breve descrición das masculinidades, é dicir, como inflúe o modelo tradicional de masculinidade e de feminidade nas actitudes e nas construcións de homes e mulleres. Na segunda parte faise referencia aos obxectivos que se perseguen no traballo cos homes dentro do Programa Abramos o Círculo, contexto no que desenvolvo parte da miña actividade profesional. Trabállase con homes que desexan previr condutas violentas e aprender outras formas de comportarse dun modo máis construtivo, para eles e para as súas parellas, se aínda as conservan. Así mesmo, tamén se nomean certas marcas de contexto que se teñen en conta durante o transcurso do Programa, como a voluntariedade da participación no mesmo e que é un espazo de cambio para el e non de terapia de parella nin mediación de ningún tipo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus