Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Promoción da actividade reflexiva na aula mediante proxectos de investigación grupal

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.), 2020, ISBN 978-84-9749-775-6, págs. 485-488
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Contextualización: A investigación pode considerarse unha valiosa ferramenta dentro da aula (Perrenoud, 2004) que permite xerar coñecementos e formar individuos reflexivos (Morán Oviedo, 2004), capaces non só de integrarse na sociedade, senón de transformar positivamente a contorna (Fernández Pérez, 1995; Margalef García, 2005).

      Este proxecto intentou favorecer a cultura científica, motivar ao discente a observar, formular preguntas, discutir, razoar, demostrar e analizar os resultados obtidos e, ao mesmo tempo descubrir a riqueza do traballo en colaboración, aprendendo a crear, e formar parte de verdadeiros equipos de investigación onde o individuo e a súa diversidade, sexan respectados.

      Actividades: Estableceuse co grupo un diálogo previo, aberto e flexible sobre os diferentes intereses do mesmo. Contemplouse a posibilidade de utilizar simultaneamente distintas técnicas de procura bibliográfica. Favoreceuse o traballo en grupo. Promoveuse a lectura e o uso de revistas e outro tipo de publicacións internacionais especializadas. Estimulouse a participación en foros e webs científicas internacionais sobre temas concretos de estudo.

      Incentivouse o uso de bibliografía científica internacional de calidade.

      Resultados: A incorporación do traballo de investigación na aula facilitou a comunicación entre os alumnos e cos alumnos, permitindo unha toma de contacto coa realidade do grupo.

      Os discentes percibiron a investigación grupal como un proceso de profundización na realidade, mellorando de forma progresiva e continua a reflexión e a comunicación entre todo o equipo. Púidose constatar que o traballo de investigación en grupo resultou, en xeral, unha actividade positiva para os discentes, axudándolles a reflexionar sobre a realidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno