Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Vellas elites e estado liberal: o caso do deputado galego Moscoso de Altamira no bicentenario do Trienio Liberal (1820)

Prudencio Viveiro Mogo

  • galego

    A construción do Estado liberal na primeira metade do século XIX motivou a necesaria adaptación das vellas elites do Antigo Réxime a unhas novas formas políticas. Tal acomodación non só que saldou cun importante éxito, senón que foron moitos deses notábeis locais os que participaron de xeito decidido na construción dunha nova política. Tal sería o caso de José María Moscoso de Altamira (1788-1854) –conde de Fontao desde 1839–, que tivo un claro protagonismo na vida política mindoniense, lucense e, nunha importante medida, española dos comezos do século XIX. Os seus discursos nas Cortes do Trienio Liberal amosan que a vinculación entre burguesía e liberalismo debe ser, cando menos, matizada; moitos foron os nobres que tomaron partido polo novo Estado constitucional. Coa lembranza dos discursos de Moscoso de Altamira nas Cortes Trienio Liberal traemos á memoria actual o pronunciamento de 1820, do que conmemoramos o seu bicentenario.

  • English

    The construction of the liberal state in the first half of the nineteenth century prompted the necessary adaptation of the old elites of the Ancien Régime to new political forms. Not only has such accommodation been a great success, but many of these local nobility have been instrumental in building a new policy. Such would be the case of José María Moscoso de Altamira (1788-1854) –Count of Fontao since 1839–, who had a leading role in the political life in Mondoñedo, Lugo and, to an important extent, Spanish in the early 19th century. His speeches in the Liberal Triennial Parliament show that the connection between bourgeoisie and liberalism must be, at least, nuanced; many were the nobles men who took sides with the new constitutional state. With the memory of the speeches of Moscoso de Altamira in the parliament of Liberal Triennium, we bring to the present memory the pronouncement of 1820, of which we commemorate its bicentennial


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus