Vigo, España
Santa María de Campo (O Irixo), é una parroquia encravada na comarca do Carballiño. A actual igrexa barroca foi atesourando ó longo dos séculos numerosos obxetos litúrxicos de prata obrados tanto en talleres ourensáns como foráneos. Son varias as pezas adquiridas en obradoiros composteláns, prestando tamén interesese este templo pola pratería madrileña. As obras de maior relevancia artística son as labradas entre os séculos XVI e XVIII, sendo digna de mención a cruz procesional que nos anos 30 do XVII obra o taller ourensán de Isidro de Montanos “o vello”. Despois de varias centurias de adquisicións, o século XIX marca un punto de inflexión, determinado pola perda dun importante número pezas, véndose a fábrica obrigada a sustituílas por outras de escaso interese artístico.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados