Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudar en tempo de pandemia

  • Autores: Carmen Castelao Cora, Xoán Xosé Fernández Expósito, Herminia Pernas Oroza, Antonio Galdo López
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 80, 2020
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Unha vez que se superou o primeiro momento de incerteza por parte de profesorado e alumnado, e se botou a andar o proceso de ensino telemático, con non poucas dificultades (para nada achacables exclusivamente á fenda dixital senón á falta de pericia dos colectivos anteriormente citados) tocaba enfrontarse «á peor de todas as batallas»: combater a desidia do alumnado. Tarefa que non foi insignificante, sabedores como eran de que todo o que realizásemos durante o terceiro trimestre só cualificaría para mellorar o resultado académico obtido durante a primeira e segunda avaliacións. Tivemos que «loitar» tanto cos aprobados asintomáticos como cos que tiñan que reforzar contidos anteriores, sen esquecer os que querían avanzar na materia pero desde unha nova perspectiva. O proceso para ver cumpridas todas as súas expectativas foi esgotador por parte do profesorado xa que tivemos que «inventar» novas actividades coa finalidade de manter un nivel aceptable de atención e interese que nos permitise avanzar en competencias. Nunha palabra, en tempo meteórico decidimos converter as nosas materias nun «ovo kinder: gusta, entretén e alimenta». O resultado foron as «coronactividades» e as «actividades confinadas».


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno