Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aplicacións biomédicas das nanocápsulas de sílice como administradoras de medicamentos

Elena González Domínguez, Javier Pérez Piñeiro, Ana Sousa Castillo, Moisés Pérez Lorenzo, Miguel Á. Correa Duarte

  • A administración de axentes terapéuticos tales como ácidos nucleicos, proteínas, vacinas ou anticanceríxenos presenta importantes desvantaxes á hora da súa aplicación. Así, a súa baixa bioavaliabilidade, a súa rápida eliminación do organismo ou a súa pouca especificidade imposibilitan en gran maneira que leven a cabo a súa acción de xeito eficiente. Por isto, existe un interese crecente en desenvolver novas estratexias que permitan subministrar estes compostos minimizando por un lado estes obstáculos e polo outro potenciando o seu efecto terapéutico. Neste sentido, a implementación de nanotransportadores suscitou unha grande atención nos últimos tempos grazas á súa capacidade para solubilizar os fármacos no organismo, prolongar o seu tempo de circulación, e liberar a droga de forma controlada no tempo e no espazo, o que finalmente leva a unha mellora do seu índice terapéutico. O presente capítulo céntrase en salientar a importancia da nanotecnoloxía na biomedicina facendo especial fincapé no emprego das nanocápsulas de sílice como vehiculizadores de fármacos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus