A pandemia da covid e o confinamento obrigaron a cambios no paradigma educativo. Todos tivemos que adaptarnos a marchas forzadas á nova realidade e, no caso do alumnado de segundo de bacharelato, esa realidade presentábase especialmente inhóspita: á angustia de estar pechados varias semanas nunhas idades nas que o contacto social é imprescindible para o seu desenvolvemento persoal, tiñamos que sumar que en poucos meses se enfrontarían a unha ABAU que, en maior ou menor medida, determinaría o seu futuro. Un dos obxectivos recollidos no PFPP do IES San Paio de Tui para o curso 2019/20 era enriquecer a competencia dixital dos membros do claustro para que redundase na mellora do alumnado. O confinamento foi o momento de pasar da teoría á practica. Neste contexto, cal crin que tiña ser a miña resposta como docente? Tranquilizar, motivar e continuar coa formación, adaptándonos todos ao novo contexto. Usando como ferramenta Instagram, a rede social onmipresente na rapazada desta idade, lanceime á aventura de ensinar Historia de España de segundo de bacharelato desde a miña casa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados