Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Fornelos ao monte

Jessica Rodríguez Piñeiro

  • Este proxecto xorde da necesidade de achegarlle ao alumnado coñecementos sobre o lugar onde viven, para que dese xeito descubra o patrimonio natural, artístico e cultural que o rodea. Nun tempo de pandemia no que non se poden facer grandes desprazamentos e perdemos a relación máis humana entre as persoas, este proxecto pretende que toda a comunidade educativa colabore poñendo en valor a importancia do coidado da nosa contorna, o respecto por esta e a implicación nela. Fornelos ao monte nace co propósito de que todo o que fagamos teña unha implicación social, que o alumnado poida gozar dos espazos naturais ao aire libre e aprender en contacto coa natureza. Alumnado, familias, profesorado, habitantes da contorna, todos nos unimos en prol de Fornelos e da aprendizaxe. Iniciamos o noso proxecto desde a biblioteca do centro, pois é o núcleo central de onde parte esta aventura educativa e didáctica. A partir de aí, empezou o noso labor de investigación e escoita das reflexións e pensamentos de persoas con coñecemento sobre a zona. Continuamos con implicación e posta en práctica do aprendido e rematamos coa nosa achega ao contorno. O resultado foron grandes doses de motivación, aprendizaxe significativa, pensamento crítico, autonomía, colaboración, toma de decisións e implicación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus