Ayuda
Ir al contenido

Dialnet

Resumen de As miradas de Isaac. Un achegamento á inabarcable figura de Díaz Pardo

Agar Ledo

  • español

    A exposición As miradas de Isaac é un responsable achegamento á inabarcable figura de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento. A revisión entretece a biografía e a obra do autor a partir de nós marcados por acontecementos cruciais na súa vida: o temporán apoio á república durante a campaña polo Estatuto de Autonomía; o asasinato do pai, Camilo Díaz Baliño, paseado e fusilado polos fascistas; a invención do Laboratorio de formas de Galicia e o afastamento obrigado do seu proxecto de vida, Sargadelos, pouco antes da súa morte. A mostra recoñece a inmensidade dunha das figuras fundamentais para entender a cultura galega da segunda metade do século XX.

  • galego

Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus