Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Riqueza, abundancia e distribución de aves nidificantes nas Zonas de Especial Conservación (ZECs) Macizo Central e Bidueiral de Montederramo

Denise Abel, Adrián Regos Sanz, Luís Tapia del Río, María Vidal, Jesús Domínguez Conde

  • Estudouse a abundancia e distribución de aves nidificantes nas Zonas de Especial Conservación do Macizo Central e Bidueiral de Montederramo, incluídas na Rede Natura 2000, a unha resolución espacial de 2 x 2 km entre os anos 2002 e 2008. Rexistráronse un total de 108 especies, pertencentes a 37 familias e 13 ordes, das cales 97 foron catalogadas como nidificantes seguras ou probables e 11 como posibles. O territorio alberga especies de alto interese ecolóxico, tanto pola súa singularidade no contexto galego como polo seu valor de conservación. A área de estudo caracterizase por unha elevada riqueza específica, debido en parte a súa posición bioxeográfica, destacando a presenza de especies de marcado carácter mediterráneo. O maior número de especies rexistrouse en soutos e en medios agrícolas heteroxéneos. A media de especies presentes en cada cuadrícula foi de 28,58 ± 1,16. Do total de especies detectadas, máis do 50% foron especies cun rango de distribución restrinxido, 20 están incluídas no Anexo I da Directiva Aves e 7 no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, o que pon de relevo a importancia da área de estudo dende o punto de vista da conservación da avifauna en Galicia


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus