Con este número, celebramos o 25 aniversario de Maremagnum. Foron moitos os temas tratados pola revista a redor do autismo: formación e emprego, metodoloxías de intervención, calidade de vida, diversidade e inclusión, lecer, envellecemento, novas tecnoloxías, acoso, educación, saúde, cultura...).
Porén, o acompañamento e os coidados na persoa con autismo, que tratamos de desenvolver neste artigo, non só forman parte da vida dos seres humanos, senón que no caso da persoa con TEA, e despois da pandemia da COVID-19, nos fixo reflexionar, actualizar e reivindicar o que supón acompañar e coidar, hoxe máis ca nunca, a persoa con trastorno do espectro do autismo.
A pandemia de COVID-19 tivo importantes repercusións na saúde e o benestar das persoas con TEA e as súas familias, con maiores dificultades no manexo das actividades diarias, especialmente do tempo libre e das actividades estruturadas, que sufriron niveis altos de ansiedade e menor benestar. O mantemento das rutinas, viuse alterado, e as persoas con TEA sufriron mais trastornos do sono que agravaron os seus problemas sociais e emocionais, con máis frecuencia de ansiedade, irritabilidade, obs...
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados