Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Fraxeoloxía da novela Costa de solpor, de Xosé Mª Lema

Xosé María Rei Lema

  • En non poucas novelas galegas actuais vemos moitas construcións sintácticas que non son propias do noso idioma galego. Algunhas parecen simples traducións mecánicas dun texto pensado e escrito en castelán, adobiado con algunha que outra palabra que lle dea un carácter “enxebre” á versión galega. Para dar atopado unha frase ou perífrase inequivocamente galegas hai que pasar páxinas e páxinas. Un dos campos que máis sofre esta pobreza é o da fraseoloxía. E se hai unha novela recente que ten unha inmensa riqueza fraseolóxica esa á Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro de Xosé Mª Lema. De aí o interese deste traballo de recolleita, que decidimos facer sobre a edición reducida da obra (425 páxinas) para non excedernos na extensión. Aínda así contabilizamos unhas 950 frases ou expresións distintas, entre as que incluímos tamén os refráns. A estas haberalles que sumar outras vinte expresións tomadas doutros idiomas (inglés, francés, bretón...) e que figuran no texto na lingua da que son tiradas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus