Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ola, señor, dásme o libro?: adquisición de estratexias de cortesía en galego

Tamara Rial Montes

  • A cortesía é unha competencia pragmática clave para o dominio dunha lingua e a súa adquisición é un proceso que comeza na primeira infancia pero que non se completa ata a adolescencia. Á súa vez, as peticións constitúen un dos actos de fala que máis requiren da cortesía, posto que supoñen unha ameaza para o destinatario, o que leva á necesidade de empregar mecanismos que atenúen esta ameaza, para así preservar as relacións sociais e o bo desenvolvemento do intercambio comunicativo. Neste traballo estúdase o proceso de adquisición das estratexias de cortesía nas peticións por parte dos nenos e nenas galegofalantes, dende os catro ata os doce anos. Para isto, pártese dun traballo de campo que permitiu crear un corpus dun total de 504 peticións formuladas por 21 informantes divididos en tres grupos de idade diferentes. Analízanse, a partir deste corpus, cales son as principais estratexias de cortesía empregadas, que variables parecen incidir no emprego dunhas ou doutras estratexias e en que medida inflúen certos factores como a idade e o sexo das persoas informantes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus