Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Algúns fenómenos de variación na morfosintaxe do galego da comarca do Ribeiro

    1. [1] IES Agra de Raíces (Cee)
  • Localización: Verba: Anuario galego de filoloxia, ISSN 0210-377X, Vol. 49, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste traballo son estudados algúns trazos da morfoloxía non verbal e da sintaxe rexistradas nunha comarca rural do interior de Galicia (O Ribeiro, provincia de Ourense). Os datos para este estudo foron obtidos mediante entrevistas con cuestionario a trinta individuos de dez localidades diferentes. Estes datos foron complementados coa transcrición das entrevistas semidirixidas realizadas aos mesmos individuos. Con este traballo pretendo amosar como as variantes das variables estudadas están suxeitas a procesos de variación e cambio lingüístico, observable nos usos lingüísticos de tres grupos de idade diferentes. A aparición das diferentes variantes son debidas tanto a factores internos (analoxía ou simplificación do sistema), como a factores externos (contacto con outras variedades lingüísticas); a expansión dalgunhas delas é atribuíble ao contacto co castelán ou con outras variedades galegas próximas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno