O obxectivo desta comunicación é realizarmos unha aproximación ó papel das mulleres nos motíns de subsistencia na Galicia rural do primeiro terzo do século XX. Para iso levaremos a cabo unha revisión bibliográfica de como distintos autores e autoras interpretaron a presenza e participación feminina nesta forma de protesta popular, abrindo ese marco temporal e espacial cara á historia contemporánea precedente e posterior, no contexto galego, español e de Europa occidental. A nosa será unha contribución para indagarmos tamén nalgunhas das diferentes maneiras como foi considerada na historia, na antropoloxía e na socioloxía un tipo de acción directa colectiva, non institucionalizada nin canalizada por organizacións formais, vixente ata ben entrado o século XX, na que as mulleres ocuparon un lugar destacado
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados