Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Carlos Lorenzo Pérez, Francisco Oti Ríos e Dolores Vilavedra (eds.), Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego , Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2022, 999 paginas.

Roberto Pascual Rodríguez (res.)

  • O Consello da Cultura Galega vén de editar un amplo e moi valioso volume coas actas do I Congreso do Teatro Galego organizado pola Academia Galega de Teatro. O traballo de organización daquel encontro e a ordenación da publicación das palestras por parte dos editores supón a posta ao servizo das Administracións competentes, do público e do estudantado, dun conxunto de análises e documentacións que fornecen de ferramentas para a construción, consolidación e/ou modificación do sistema teatral e dos seus procesos e mecanismos adaptados aos novos tempos e aos novos retos. As actas están divididas en tres grandes capítulos, que abordan a historia e os modelos de diferentes sistemas teatrais, pasando pola xestión e a relación co público e os procesos creativos.

     


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus