No marco do proxecto STEMBach que se levou a cabo no IES As Lagoas, marcouse como obxectivo o de analizar que recubrimentos e cores empregados na bioconstrución contan cun maior grado de aceptación. Con este propósito elaboráronse distintas pinturas a base de diferentes tipos de cal, area, arxila e varios pigmentos co obxectivo de encontrar unha pintura que fose favorable ao medio e ademais que fose agradable para as persoas.
Tras varias mesturas destes materiais, obtivemos 12 combinacións diferentes. Estas combinacións aplicáronse sobre un panel e posteriormente elaborouse unha enquisa na que se preguntou ós participantes polas diferentes combinacións e o seu nivel de agrado ou desagregado respecto da cor e a textura. En total participaron un total de 128 alumnos/as
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados