Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O futuro do emprego industrial en Galicia (II)

  • Autores: José Antonio Gómez Gómez
  • Localización: Atlantic Review of Economics: Revista Atlántica de Economía, ISSN-e 2174-3835, Vol. 6, Nº 1, 2023 (Ejemplar dedicado a: II Foro de Economía Prospectiva de Galicia (Universidad Internacional Menéndez Pelayo, octubre de 2021))
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Primeiro, para falar do futuro do emprego industrial en Galicia, gustaríame expoñer unha premisa, que penso que todos compartimos, que é que o sector industrial, en termos xerais, é o que xera máis emprego de calidade polas súas condicións, tanto dende un punto de vista salarial como en termos de estabilidade no emprego.

      Non obstante, a diagnose que facemos en termos de produción de emprego no sector industrial e as principais ramas que o integran non é nada positiva. Xa como punto de partida. Pechado o ano 2020, os datos de Contabilidade económica trimestral amosan que o peso da industria, incluíndo a enerxía, en Galicia é do 16% do PIB. Considerando unicamente a industria manufactureira este descendería ata o 11,3% dentro da produción total. Afastados, sen dúbida, de acadar o obxectivo marcado pola Comisión Europea do 20% para o 2020.

      Ao escaso peso do sector industrial, reitero que un dos máis significativos nichos de emprego de calidade, engádese o escaso investimento en innovación do sector público e privado, a excesiva dependencia enerxética do exterior, o baixo valor engadido e a ausencia dunha estratexia decidida cara unha economía sostible.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno