Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O futuro do emprego industrial en Galicia (III)

  • Autores: Maica Bouza Seoane
  • Localización: Atlantic Review of Economics: Revista Atlántica de Economía, ISSN-e 2174-3835, Vol. 6, Nº 1, 2023 (Ejemplar dedicado a: II Foro de Economía Prospectiva de Galicia (Universidad Internacional Menéndez Pelayo, octubre de 2021))
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Non podemos falar do futuro sen falar antes do presente e, máis aló do que reflicten os diferentes indicadores —malos no 2019 e peores no 2020 pola crise asociada á covid-19—, os problemas da industria en Galicia agraváronse nos últimos anos, afastándoa do obxectivo europeo de alcanzar no 2020 o 20 % do PIB, Galicia queda no 15,9 %.

      En conxunto, a industria galega non só non experimentou ningunha mellora substancial nos últimos anos, senón que, de feito, empeorou notablemente nalgúns ámbitos, evidenciando a ausencia de políticas industriais das Administracións central e autonómica.

      Resulta especialmente grave a actuación da Administración autonómica, que non usa as súas competencias plenas en materia de política industrial. Cando no Consello Económico e Social de Galicia —representación da pluralidade da sociedade civil galega— acordamos un documento de 50 propostas para relanzar o sector industrial galego, a Xunta non só se puxo de costas e non participou, senón que despois nin sequera levou á practica as iniciativas que eran da súa competencia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno