Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Usos narrativos e significados da dobra: contribucións para o estudo da metaficcionalidade no álbum ilustrado contemporáneo

Ana Margarida Ramos

  • A partir dun corpus de libros-álbums contemporáneos que exploran as potencialidades narrativas da dobra, este estudo pretende reflexionar sobre o impacto do uso da metaficción no contexto da literatura infantil, subliñando a forma en que a sofisticación e a complexidade destas estratexias tamén está ao servizo do lúdico e do entretemento para os lectores máis novos. A materialidade do libro-álbum e o seu deseño gráfico non só xogan un papel na construción dun artefacto esteticamente sofisticado e atractivo, senón que tamén interveñen na acción narrativa e no conflito, nunha estratexia autorreferencial. Tamén se propón unha tipoloxía dos distintos tipos de funcionalidades da dobra nos volumes onde desempeña un papel narrativo, definindo catro tipoloxías diferenciadas: divisor físico, divisor imaxinado, pórtico e mecanismo de creación de movemento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus