Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Un paralelo entre a Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso e a literatura crossover

  • Autores: Júlia Vieira Correia
  • Localización: Elos: revista de literatura infantil e xuvenil, ISSN-e 2386-7620, Nº. 9, 2022 (Ejemplar dedicado a: Libros sen idade para persoas de todas as idades)
  • Idioma: español
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo ten por obxectivo principal presentar as posíbeis relacións entre a área da lingüística e a área da literatura no que concirne aos álbums ilustrados. Os obxectivos específicos, nese sentido, son detallar aspectos da Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso, ben como da Literatura Infantil e Xuvenil e da literatura crossover, amosando os puntos de aproximación relevantes para a análise dalgúns libros clasificados prioritariamente como infantís e xuvenís. Para isto, a fundamentación teórica apoiarase, sobre todo, en estudos de Patrick Charaudeau (2013, 2016, 2018a, 2018b); Sandra Beckett (2009); Ana Margarida Ramos (2014, 2017); Nikolajeva e Scott (2011); Peter Hunt (2010) e Sophie Van der Linden (2011). Como corpus, o estudo conta con títulos de diferentes países, publicados en Brasil nos idiomas orixinais e traducidos: A parte que falta (Silverstein, 2018a); A parte que falta encontra o grande O (Silverstein, 2018b); Fico à espera (Cali, 2007); Flicts (Ziraldo, 2012); e Meninas (Ziraldo, 2016). Espérase comprobar, nos resultados, que as dúas grandes áreas teñen puntos de intersección que se suman, converxendo nunha análise produtiva de fenómenos antigos e actuais na literatura para nenos e mozos ou incluso sen idade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno