O presente traballo ten como principal obxectivo outorgar unha ollada ao mundo da tolemia na sociedade galega de finais do século XIX, utilizando como fío condutor as achegas que neste ámbito realizaron dúas mulleres sobranceiras: Juana de Vega e Rosalía de Castro. A través dos esforzos da Condesa de Espoz y Mina e das páxinas da novela El primer loco. Cuento extraño, daremos conta de como ambas mulleres aportaron o seu gran de area para solucionar un problema que Galicia viña atravesando dende tempo atrás: a necesidade de construír un manicomio no antigo mosteiro de Conxo para acoller aos dementes das catro provincias galegas.
The main objective of this paper is to offer a look at the world of madness in Galician society at the end of the nineteenth century, using as a common thread the contributions made in this field by two singular women:
Juana de Vega and Rosalía de Castro. Through the efforts of the Countess of Espoz y Mina and the pages of the novel El primer loco. Cuento extraño, we will illustrate how both women contributed their grain of sand to solve a problem that Galicia had for a long time: the need to build a madhouse in the old monastery of Conxo to accommodate the insane of the four Galician provinces.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados