Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940)

Eliseo Fernández Fernández, Dionisio Pereira

  • galego

    Inmediatamente despois do golpe militar apareceron na Galiza os primeiros grupos de resistentes armados contra a nacente ditadura. Primeiro en zonas urbanas ou periurbanas, despois en zonas rurais de difícil acceso, os grupos de resistentes foron pasando de actitudes defensivas a outras de carácter ofensivo. Malia a falta de apoio por parte do goberno republicano, nos anos da guerra os resistentes foron conformando grupos que gañaron en cohesión e capacidade de actuación. Os grupos de resistentes armados constituíron unha ameaza para o novo réxime, que tentou combatelos con forzas combinadas do exército, garda civil e milicias armadas. Malia todo, a resistencia armada continuou incrementando a súa actividade durante os anos da guerra e tivo continuidade nos anos 40, conformando naquela altura as primeiras organizacións guerrilleiras.

  • English

    Immediately after the military coup, the first groups of armed resistance against the nascent dictatorship appeared in Galiza. First in urban or peri-urban areas, then in hard-to-reach rural areas, resistance groups have shifted from defensive to offensive attitudes. Despite the lack of support from the Republican government, in the war years the resistance was forming groups that gained in cohesion and capacity for action. Armed resistance groups posed a threat to the new regime, which tried to fight them with combined forces of the army, civil guard and armed militias. Nevertheless, the armed resistance continued to increase in activity during the war years and continued into the 1940s, forming the first guerrilla organizations at that time


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus