A presente obra, publicada por vez primeira en 1998 e agora actualizada coincidindo co seu 25 aniversario, continúa a traxectoria iniciada en 1997 por O mundo lucense de Ánxel Fole, unha iniciativa da Galería Sargadelos de Lugo promovida con acerto polo seu entusiasta animador Xesús Pérez Regueiro. En plena sintonía coas perspectivas integradoras de vida e cultura, Os mundos de Claudio Rodríguez Fer segue o modelo metodolóxico e expositivo ensaiado en O mundo lucense de Ánxel Fole, aínda que con diversas variantes que fundamentalmente afectan á inclusión de cronoloxía e bibliografía, á substitución do ordenamento alfabético polo cronolóxico e á ampliación do reduto temático lucense a mundos vividos “en Lugo e máis alá de Lugo”.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados