O autismo ou os autismos, tal como actualmente os denominamos, como alteración neurobiolóxica e que afectan o sistema nervioso e o funcionamento cerebral, sobre os cales descoñecemos as súas causas e orixes, salvo a implicación xenética dalgúns casos, son actualmente unha condición de vida ou unha neurodiversidade, que non podemos curar, que se manifestan e con necesidades que cambian en cada unha das etapas da súa vida conxuntamente ás experiencias e apoios adquiridos.Un dos tratamentos que podemos utilizar son os psicofármacos, como sostén dalgúns síntomas ou comorbilidades. O modo de administrar, pensar e acompañar a toma de tratamento psicofarmacolóxico, vai ser diferente en tanto que este sexa pensado desde o rol do psiquiatra psicoterapeuta de orientación dinámica.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados