A Coruña, España
O corpus textual do trobadorismo profano galego-portugués é obxecto de atención desde a segunda metade do século XIX, momento en que comezou a ser editado, debatido e estudado por sucesivas xeracións de filólogos e filólogas. Nese conxunto textual sobrancea o xénero das cantigas de amigo, o máis "popular" e identitario, así como o máis visitado por lectores e estudosos. Non obstante o traballo continuado de tantas décadas, fican aínda loci critici, contextos textualmente opacos e pasaxes erroneamente lidas e/ou interpretadas a partir dos manuscritos. Nesta achega farase unha aproximación a algúns destes problemas textuais, coa intención de contribuir para o seu esclarecemento
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados