A Coruña, España
A romeiría de Gelmírez (1934) é unha novela de Ramón Otero Pedrayo que ten como tema central a recreación da viaxe que o bispo Diego Xelmírez realiza desde Santiago a Roma, co obxectivo de obter a dignidade do palco arcebispal para a sé galega. Para alén da centralidade da figura de Xelmírez, a novela está protagonizada polo trobador Xohán de Isorna, personaxe que funciona como vehículo para a evocación libre dos acontecementos e ambiente da época en que se sitúa a acción. No artigo descríbense as características desta personaxe e da súa actividade poética en tanto que elementos que, para alén da súa función de instrumentos de recreación da literatura medieval, poden ser lidos á luz da análise dos procedementos de innovación que o autor introduce no seu modelo de narrativa histórica.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados