Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Arredor dun pergamiño inédito do mosteiro bieito feminino de San Miguel de Bóveda do século XV: Estudo e contextualización para a historia das mulleres galegas

Miguel García-Fernández, Ricardo Pichel Gotérrez

  • galego

    O mosteiro bieito de San Miguel de Bóveda (Ourense) constitúe un exemplo máis do destacado papel e protagonismo que tiveron algunhas mulleres na Galiza medieval, neste caso ao integrarse e controlar unha institución señorial que lles permitiu manter un dos modos de vida feminino perfectamente aceptados pola sociedade medieval –o ingreso en relixión–, así como exercer o poder, especialmente no caso das abadesas e prioresas.

    Sendo ben coñecido o devir histórico desta institución grazas a estudos anteriores, o obxectivo deste traballo é ofrecer a edición dun pergamiño inédito –aínda que non completamente descoñecido– do século XV, o que permitirá reflexionar, tamén, sobre o papel das relixiosas e a institución que señorearon como motores dunha produción escrita durante o período medieval, na que as mulleres xogaron un papel fundamental.

  • English

    The Benedictine monastery of San Miguel de Bóveda (Ourense) is one more example of some women's outstanding role and prominence in medieval Galicia. In this case, women integrated and controlled a religious institution that allowed them to maintain one of the female ways of life perfectly accepted by medieval society –taking vows– and also to exercise power, especially in the case of abbesses and prioresses. Although the historical development of this institution is well-known thanks to previous studies, this research aims to offer the edition of an unpublished parchment –though not completely unknown– from the 15th century, which will allow reflecting, as well, on the role of religious women and the institution they represented as fosters of written production during the medieval period, in which women played a fundamental role.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus