Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A memoria colonial na construcción da identidade soberanista galega

Cristina Botana Iglesias, Fernando Pérez Barral

  • Estamos a tempo de conformar un proxecto emancipatorio pluriversal que comprenda a galeguidade heteroxénea que habita este sentir, pero é indispensable que antes fagamos un exercicio de memoria das colonialidades exercidas dende a nosa nación. Non podemos falar do imperialismo español sen incluirnos dentro del, xa que o noso presente tamén é deudor directo desta historia. Temos alimentado a autoestima da terra co relato do indiano que migrou, pobre e analfabeto, para ás Américas, e voltou á súa parroquia rico e ben situado. Pero cando confrontamos esta imaxe aparece a dor, mesmo a vergoña, mais é un exercicio fundamental para limpar as feridas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus