Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Manuel María Martí Pérez (Vigo, 1815?-1873), pianista-compositor galego en España, Portugal e Brasil

Margarita Viso Soto

  • Manuel Martí (Vigo, 1815?-1873) foi un pianista-compositor e profesor que exerceu como tal en España, Portugal e Brasil. Del consérvanse numerosas obras para piano editadas en Madrid e Lisboa que nos mostran un interesantísimo autor activo nas décadas centrais do século XIX que ata agora non ten sido estudiado. Se ben dos seus concertos como pianista-compositor e das súas clases como profesor temos escasas noticias, si se conservan cerca de 78 obras súas, case todas para piano. Hai entre elas obras de diversos tipos e graos de dificultade. Así, hai moitas obras de gran virtuosismo que, presumiblemente, el mesmo interpretaría nos seus concertos. Tamén hai obras conmemorativas de diversas efemérides, obras con finalidade didáctica e, por suposto, pezas de salón para abastecer o mercado editorial. Do lugar de publicación destas obras, de diversas dedicatorias que nelas constan, das efemérides sociais que conmemoran (algunhas delas posiblemente feitas por encargo), despréndese a intensa actividade que exerceu e a consideración musical na que era tido. Ademais, o seu traballo como profesor, avalado pola publicación da súa Escuela Recreativa de los Pianistas en 1867 por Bonifacio Eslava en Madrid, sitúao como continuador de Pedro Albéniz no desenvolvemento do piano en España.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus