Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un manuscrito inédito do s. XIX do instituto da Coruña

María del Rosario Soto Arias

  • No presente traballo transcribiremos e analizaremos un documento inédito herculino do século XIX. Trátase das actas do Consello de disciplina do Instituto de segunda Ensinanza da cidade da Coruña. Empezaron a escribirse no curso en que se inaugura o centro local, 1862-63, e duran ata 1923, se ben nós só transcribimos as que se desenvolven no século XIX. Constitúen un documento importante para facernos unha cumprida idea da vida educativa e social do momento. Entre os nomes propios que protagonizan os feitos hai seres anónimos mais tamén hai figuras relevantes na política local e nacional, escritores, médicos etc. Sen dúbida é a burguesía a capa social que fica mellor retratada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus