Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O románico do Corgo

    1. [1] IES Pedregal de Irimia. Meira
  • Localización: Corga: revista anual do Centro de Estudos do Corgo, ISSN 2171-6013, Nº. 8, 2021, págs. 54-66
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste artigo describiremos as dez igrexas que conservan algún elemento románico do concello do Corgo (xa que unhas foron máis modificadas que outras nos seguintes séculos á súa construción). Farase agrupando as igrexas en tres conxuntos, próximos xeograficamente, co fin de seren percorridas en bicicleta, en coche ou a pé (neste caso en tres días distintos).

      Pese a parecer un traballo moi técnico direi que está pensado para ser consumido por todos os públicos, grazas á abundancia de imaxes e a explicación inicial dos conceptos arquitectónicos básicos empregados ao longo do artigo. Por outra banda, os distintos comentarios intermedios (e a presenza dalgún mapa sinxelo) facilitarannos a mobilidade polo concello do Corgo aínda que non coñezamos moito a súa xeografía.

      Finalmente a presenza de don Xaime Delgado Gómez no artigo está máis que xustificada por ser el unha das persoas que máis investigou o noso románico. Este traballo está baseado nunha serie de fichas que o crego me deu hai, polo menos, unha década e serve de homenaxe a un dos grandes defensores do patrimonio lucense.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno