O segundo domingo do mes de maio devotos do concello do Corgo e doutros limítrofes acoden ao santuario, dedicado ao Santo Anxo, para pregarlle a concesión dalgún pedimento, ligado case sempre coa protección dos que acaban de nacer e doenzas infantís, ou ben para agradecerlle o favor xa recibido. Por tal motivo, levan a cabo unha serie de rituais, e ofrendas propiciatorias e de acción de grazas. Así, escoitan unha misa, poñen o santo, participan na procesión, traen candeas, achegan diñeiro, sufragan misas, etc.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados