Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Construcións para a pesca fluvial no Corgo

Mario Outeiro Iglesias

  • Neste artigo analizaremos as construcións que os corgueses e corguesas empregaron para a pesca fluvial dende hai séculos e que basicamente se restrinxen ao uso de caneiros con rede e un tipo de construción permanente que no Corgo se denomina arca (tamén pesqueira). Este tipo de construcións empregáronse fundamentalmente para capturar anguías que, ata a construción dos encoros do Miño, tiveron unha vital importancia para a economía das familias ribeiregas.

    Hoxe, aos obstáculos para poder remontaren os ríos, tamén hai que sumar as sucesivas restricións legais que se foron impoñendo a este tipo de artes. Ambas as dúas cousas (entre outros factores) fixeron que estas construcións quedasen en desuso: as arcas tiveron que ser desmontadas (total ou parcialmente) e as presas que derivaban as augas cara as redes ou as gradas, fóronse esborrallando na súa maioría.

    O artigo comeza analizando o ciclo da anguía para centrarse na análise dos caneiros e das arcas.

    En ambas construcións iniciamos facendo unha descrición superficial: partes, funcionamento, tipos..., apoiados en debuxos e fotografías, para despois facer un pequeno (e seguro que incompleto) inventario dos caneiros e arcas do concello do Corgo. Rematamos con dous anexos que recollen dous textos: un literario (de Orlando Viveiro) que nos axudará a entender o proceso da pesca nun caneiro e outro histórico (de Adolfo de Abel Vilela) que nos fala dunha denuncia pola construción da arca da Fervenza.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus