Este artigo é a biografía dun modesto investigador corgués, chamado Jesús Abuín Arias, que aos seus 85 anos recibe a homenaxe da súa veciñanza en forma de fillo predilecto e cronista oficial polo silencioso, pero imprescindíbel traballo de varias décadas.
Jesús, pese a non ter formación académica superior relacionada co mundo da historia, é un autodidacta que dedicou o seu tempo libre, sobre todo dende a súa prexubilación, a investigar sobre a xenealoxía da súa veciñanza, a historia e heráldica das casas grandes do concello, as distintas corporacións municipais dende que O Corgo se constituíu como concello, entre outras moitas cousas. Jesús destaca tamén por ser o pai do escudo e da bandeira oficiais do concello do Corgo, por recoller durante décadas todo canto publicaban os distintos xornais sobre O Corgo, por ser un membro activo da asociación de veciños/as da súa parroquia e por colaborar con ata 3 artigos para a revista Corga (o que o converte en socio “Investigador” do Centro de Estudos do Corgo)
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados