Este traballo céntrase na análise da novela Circe ou o pracer do azul (2009), de Begoña Caamaño, que integra e redeseña as relacións entre Penélope, Circe e Ulises, personaxes da Odisea, nunha recreación do clásico homérico desde unha perspectiva feminista. Esta reescrita transforma o relato a través da estratexia da creación revisionista de mitos (revisionist mythmaking) e incorpora nel a idea de sororidade como ferramenta de empoderamento. A obra concede o protagonismo a dúas figuras femininas contrapostas no poema homérico e na maioría das reescritas posteriores, Circe e Penélope, quen construirán unha fecunda e liberadora amizade mediante o diálogo. Circe ou o pracer do azul propón unha lectura alternativa do relato canónico, o que conecta a novela con outras recreacións contemporáneas en clave de revisionismo feminista dos mitos.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados