Neste traballo queremos dar conta da vida en común de Antoine e Marie, reflexionando sobre algunhas das súas achegas; pero centrándonos fundamentalmente no amor e na amizade que tan frutífera foi e que deu lugar a unha vida investigadora en común de extraordinaria importancia. Pretendemos reflexionar sobre eses escasos 23 anos de vida en común de Antoine e Marie Anne: como marcaron completamente a vida de Marie; como forxaron o seu carácter mediante unha coidada educación; como, esa educación, foi a que lle fixo chegar a ser unha gran científica e a conseguir unha liberdade completa; como, como,… Este novo traballo sobre Marie Anne pretende amosar novos aspectos da vida amorosa dos Lavoisier; presentámolo coa intención de que se comprenda mellor como foi a vida en común dese extraordinario matrimonio científico da ilustración francesa. O seu Amor e a súa Amizade foron completos ao longo da súa vida en común e chegaron máis aló da morte de Antoine.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados