A observación atenta e pausada é unha práctica pouco frecuente nas nosas escolas porque levamos un ritmo demasiado frenético como para pararnos en pequenos detalles. O mesmo ocorre co contacto do alumnado coa contorna exterior. Este proxecto de aprendizaxe é unha oda á importancia de gozar da contorna de Cedeira en Redondela, en concreto das aves, recoñecelas, observalas, coñecer as súas formas de vida como camiño cara ao respecto e coidado das mesmas.
Tal e como se indica nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), a ciencia é fundamental para a consecución dun mundo máis sostible, igualitario, xusto, saudable,…Precísanse métodos para traballar as ciencias na escola que permitan ao alumnado resolver problemas contextualizados no mundo real.
É por este motivo que decidimos levar a cabo un proxecto co alumnado de segundo curso de educación primaria no Ceip Plurilingüe de Cedeira, un pequeno centro rural de Redondela.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados