O director de orquestra Baldur Brönnimann (Basilea, 1968) convertíase a principios do ano pasado no novo titular da Real Filharmonía de Galicia. Na súa primeira tempada completa, titulada “Migracións” (2023-24), quedaban fixados os seus principais propósitos para o conxunto compostelán, a destacar o seu compromiso social e formativo, ademais dunha meditada renovación do repertorio. En breve, arrancará “Inconformistas” (2024-25), a nova temporada deseñada polo director suízo, con quen falamos para coñecer os principais desafíos cos que nos obsequiará a RFG nos próximos meses.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados