Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Documentos de traballo n.º 93. O eterno resplandor dunha Arxentina sen lembranzas. A Arxentina nun novo período presidencial e unha nova crise económica

    1. [1] Universidade de Bos Aires e Universidade Nacional de San Martín
  • Localización: Tempo exterior, ISSN 1579-6582, Nº. 48, 2024 (Ejemplar dedicado a: Novas diplomacias), págs. 133-168
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Durante as últimas cinco décadas, A Arxentina experimentou un desempeño económico defciente, marcado por múltiples crises macroeconómicas e a incapacidade de manter unha estratexia produtiva coherente. No século XXI observáronse dúas etapas diferentes. A primeira iniciouse após a grave crise do réxime da convertibilidade, derredor de fnais de 2001, e permitiu recuperar o crecemento, a creación de emprego e a produción, así como mellorar a distribución do ingreso. Esa fase chegou á súa fn no ano 2011, tras o que A Arxentina xa non puido medrar de maneira sostida e experimentou unha deterioración dos seus indicadores sociais. En anos recentes, os desequilibrios macroeconómicos intensifcáronse, coa aceleración da infación como un dos síntomas máis evidentes. A diferenza do acontecido na década de 1980, os países da rexión mostran, agás excepcións puntuais, estabilidade e crecemento, ben que a taxas relativamente baixas. A crise arxentina é específca e as súas causas deben ser buscadas na xestión das políticas públicas e o funcionamento do sistema político. Na campaña electoral de 2023, a polarización intensifcouse e o cansazo provocado pola crise levou a que os debates políticos quedasen confnados a temas recorrentes. Isto lévanos a interpretar o desempeño arxentino a partir da metáfora que propón Esquécete de min (título orixinal: Eternal Sunshine of the Spotless Mind), a gran película protagonizada por Jim Carrey e Kate Winslet na que se facía fronte á angustia provocada por un fracaso amoroso mediante unha estraña técnica que consistía en borrar da mente as lembranzas da relación malograda. No entanto, esta técnica só conseguía éxitos parciais, o que levaba a repetir a mesma secuencia de sucesos e os mesmos erros. Neste traballo preséntase unha caracterización do desempeño económico arxentino e remata cunha análise dos posibles escenarios após a vitoria de Javier Milei nas eleccións presidenciais que tiveron lugar o 19 de novembro de 2023 e as súas primeiras medidas de goberno.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno