A “Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego” deixa un dato alarmante: no seu día a día, o 52,94% da poboación fala exclusiva ou maioritariamente castelán. A situación empeora na franxa de 5 a 14 anos, onde o 32,44% non sabe falar -pouco ou nada- a lingua de Galicia. É difícil adiviñar o futuro do galego, pero pódese facer unha previsión razoábel atendendo á evolución histórica destas cifras. E non é boa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados