Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A Facultade de Ciencias da Educación da USC (1974-2024): Vivencias do xurdimento dos estudos universitarios de Ciencias da Educación en Galicia

  • Autores: Luis Martín Sobrado Fernández
  • Localización: Innovación educativa, ISSN 1130-8656, Nº 34, 2024 (Ejemplar dedicado a: 50 Aniversario dos Estudos de Pedagoxía en Galicia (1974-2024)), págs. 78-89
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A creación e implantación dos estudos universitarios de Ciencias da Educación, Filosofía e Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi un proceso arduo e complexo, realizado nun contexto de transición social e política entre a ditadura franquista e a democracia en España. Estes estudos teñen precedentes na creación da Escola Normal Superior en 1849 e na Sección de Pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos en 1933.

      En 1969, coa aparición do Libro Branco da Educación, constituíronse os Institutos de Ciencias da Educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 integrou as Escolas Normais nas Escolas Universitarias de Formación do Profesorado. O Plan Educativo de Galicia de 1970 propiciou a creación dunha Sección de Psicopedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras da USC, precursora dos estudos de Ciencias da Educación.

      En 1973, o profesor Carlos Baliñas propuxo a creación da Sección de Filosofía e Ciencias da Educación e superou con esforzo as resistencias iniciais. Co apoio do Reitor José Ramón Masaguer, que tiña unha forte sensibilidade cos estudos de Educación, conseguiron finalmente abrir un período de pre-matriculación para o curso ”juliano“ en 1974, cunha boa resposta estudantil. As clases comezaron o 8 de xaneiro de 1974.

      O primeiro curso foi presencial en instalacións temporais con persoal docente interino e escasos recursos. No curso 1975-76 crease a Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno