Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A memoria de Tui

Imagen de portada del libro A memoria de Tui

Información General

  • Autores: , Roque Cameselle
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2002
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-911-1
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.

    Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.

    Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa “ilustrada” realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.

    Iniciamos o percorrido coa imaxe de “O gaiteiro de Guillarei” (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.

    O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno